Amicos celebra o Entroido cun exitoso concurso de comparsas

12 Febreiro 2021

Este xoves 11 de febreiro celebrouse nas sedes de Amicos de Boiro e Ribeira a festividade do Entroido, unha edición que veu marcada pola creatividade, a diversidade de propostas e a participación. En concreto, a comunidade do Centro Integral de Boiro realizou un concurso de comparsas coa implicación de todas as aulas, dando como resultado sete comparsas de temáticas moi variadas: Os incribles, O Rei León, SuperMan e SuperWomen, Tu cara me suena, Mario e Luigi, Toy Story e a de Os Cociñeiros dos máis pequenos.

Os participantes enfrontáronse ao xurado coas súas mellores galas e ao ritmo da música, facendo un desfile polas instalacións, xa que, segundo lembra a dirección, “as condicións meteorolóxicas non nos acompañaron”.

O comité do xurado estaba formado por traballadores das diferentes áreas de Amicos.

Ademais, foi unha iniciativa cen por segura en materia de COVID. Así, para respectar as medidas contra a coronavirus, o desfile celebrouse en aulas burbulla unha a unha e sen público. “Aínda así”, explican dende a dirección da entidade, “para darlle calor ao ambiente colocamos cadeiras baleiras coas fotos de moitos compañeiros para que se sentiran arroupados”.

Por outra banda, co obxectivo de conseguir que familias e amizades puideran desfrutar do desfile da comunidade de Amicos, fíxose unha retransmisión en directo a través das redes sociais nas que ten presenza a asociación. Ás 11.30 arrancou o desfile no Centro Integral Amicos (Comoxo, Boiro) e pola tarde tivo lugar o do CEEPR Amicos (Oleiros, Ribeira) cos máis pequenos.

Todos os asistentes tiveron tamén a oportunidade de votar para elixir a súa comparsa favorita, sendo unha decisión do máis dificultosa e complexa, tendo en conta gran calidade das propostas.

Finalmente a comparsa gañadora foi a de O Rei León e o disfrace individual un fermoso candelabro do filme A bela e a besta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...