Adxudicadas provisionalmente as obras para acondicionar en Ribeira a UAD

04 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira vén de proceder á adxudicación provisional da obra consistente no acondicionamento e mellora da envolvente exterior do edificio da UAD. De entre as sete achegas presentadas, a que obtivo a mellor puntuación foi a de Obras y Viales de Galicia. A intervención comportará un investimento de 361.420 euros, IVE incluído, subvencionado en virtude do convenio de colaboración subscrito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

O Concello explica que a edificación existente ten unha antigüidade de corenta anos (1978-1980) e aínda que o seu estado de conservación é aceptábel, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica.

O proxecto técnico elaborado comprende as seguintes accións:

• Cuberta: substitución por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta.

• Fachada: reparación de patoloxías nos balcóns e beirados (aleros) existentes, a base dun tratamento e de reparación de gretas; así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio.

• Carpintería exterior: substitución por unha nova carpintería de aluminio.

• Implantación dun ascensor panorámico e reforma e ampliación do hall de entrada.

O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.