A veciñanza de Traba (O Araño) mobilízase para protexer o seu manancial

22 Febreiro 2021
Concentración das veciñas e veciños en Araño para garantir a continuidade do seu manancial

A Comunidade de Usuarios do Manancial Outeiro da Xema (Araño, Rianxo) vén de emitir un comunicado no que reflicten a súa preocupación por vindeiros traballos a realizar na súa parroquia en materia de captación de auga. En concreto, poñen o foco nun proxecto que foi paralizado no seu día “por carecer da licenza necesaria” e que agora, sinala a comunidade, preténdese executar no entorno doutras captacións existentes das “que veciños de diferentes núcleos da parroquia levamos anos abastecéndonos”.

O colectivo veciñal, unha vez que tivo coñecemento do proxecto, solicitou a Augas de Galicia a realización du estudo “sobre a posíbel afección que a realización do mesmo puidera ter nos mananciais de Traba (O Araño) e que, en función dos resultados do mesmo, reconsiderara, de ser o caso, a autorización da captación proxectada”.

A comunidade engade que “foron moitos os escritos que nas últimas semanas presentamos perante Augas de Galicia con esa finalidade, mais a día de hoxe non obtivemos resposta; intentámolo tamén a través do Valedor do Pobo, mais Augas de Galicia tampouco atende aos requirimentos que se lle fan dende esta institución”.

Segundo fan saber, os veciños de Traba, usuarios dende hai décadas do Manancial do Outeiro da Xema, “sentímonos abandonados e estamos moi preocupados pois vemos, que corremos o perigo de quedar sen a auga do manancial do que os nosos avós xa beberon”.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...