A ribeirense Ana Peleteiro preseleccionada na lista das 100 mulleres mais influentes de España

21 Febreiro 2021

A atleta ribeirense Ana Peleteiro, a vicepresidenta Nadia Calviño, a ministra Yolanda Díaz ou a futbolista Verónica Boquete son algunhas das galegas que foron incluídas na preselección para optar a ingresar na lista das 100 mulleres máis influentes de España. Un total de 24 galegas foron seleccionadas entre as 1.000 candidatas que aspiran a un posto nun ranking orientado a “outorgar visibilidade” ás mulleres, segundo sinala Executivas de Galicia nun comunicado.

A iniciativa expón dez categorías que abarcan “todas as áreas que configuran o tecido empresarial, social, económico e cultural de España”. Así as cousas, nas votacións, abertas ata o 16 de marzo, hai galegas candidatas en todas as categorías salvo no terceiro sector. Deste xeito, África González, Ana García Cabado, Marisol Soengas, Ana Freire, Mabel Louza e Manuela Camiño López optan á categoría de Académicas e Investigadoras; Luisa Lorenzo, Adriana Domínguez e Carmen Lence Ferreiro, á de Empresarias; e Ana Peleteiro e Verónica Boquete no apartado de Cultura, Lecer e Deporte.

En Directivas foron preseleccionadas Tesa Díaz- Faes, Marta Fernández Currás e Natalia Seoane; Nadia Calviño, Irene Souto Blázquez, Susana López Abella, Yolanda Díaz e Carla Reyes Uschinsky en Función Pública, institucional e política; e Ana Pardo de Beira na categoría de Medios de Comunicación. Así mesmo, tamén optan a un posto na lista Paula Carrera (Alta dirección) e Diana Lameiro, Mónica Seara e Susana Quintas, todas elas no apartado de Startups e pemes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...