A Pobra recolle 38,87 toneladas de téxtil no 2020

09 Febreiro 2021

A Concellería do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal informou de que en 2020 recolléronse un total de 38,87 toneladas de téxtil no termo municipal grazas ós colectores que se encontran en diferentes espazos e que foron instalados por Cáritas , Humana e Texlimca. Cáritas recolle roupa e calzado en bo estado para fins sociais; mentres que Humana e Texlimca o recadan, independentemente das condicións que presenten, para, por exemplo, produci-la materia prima para outros produtos.

As entidades que efectúan a recollida son a empresa de inserción sen ánimo de lucro Arroupa(Cáritas), que se caracteriza polos seus colectores vermellos na Virxe do Monte, O Xobre, A Angustia e Caíños; a organización Humana, que destaca polos compiladores de cor verde e ten presenza na rúa Gasset, na rúa Rafael Dieste, na rúa San Lázaro e en Caíños; e a empresa Texlimca, con colectores de cor azul en puntos como a rúa Díaz de Rábago, o recheo, o paseo dos Areos e a rúa Venecia-Pintor Laxeiro. .

En total 12 colectores axudan a recadar e producir a materia prima para outros produtos. Cabe mencionar que os contedores que rexistraron un maior volume de recollida foron os de Cáritas, cun total de 16’73 toneladas, seguidos dos de Humana, con 12’03; e dos xestionados por Texlimca, con 10’11.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.