A Pobra homenaxea a Rosalía de Castro na praza que leva o seu nome

24 Febreiro 2021

Este 24 celebrouse o Día de Rosalía de Castro, un dos acontecementos anuais máis relevantes da nosa cultura (polo que ten de celebración da literatura, da lingua galega e da liberdade, todo dende unha óptica feminina e reivindicativa). O Concello da Pobra do Caramiñal non quixo desaproveitar a ocasión para poñer en valor a figura da autora de Follas Novas, e fíxoo ademais nun escenario de especial significado: a praza Rosalía de Castro. Celebrouse un acto institucional amenizado polo grupo de música tradicional Os Caraveiros e con interpretacións a cargo de Mariló Ríos.

No acto estiveron presentes membros da corporación municipal presididos polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, ademais de persoal do Concello e veciñanza.

En primeiro lugar Patricia Lojo destacou a importancia de Rosalía, á cal se referiu como “unha das intelectuais máis representativas da cultura galega dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha muller cunha importante e fecunda produción literaria que tamén destaca por desafiar os estándares establecidos na sociedade da súa época”. A edil engadiu que “é un luxo para o sistema literario galego ter unha muller como Rosalía, tan adiantada ao seu tempo”, ademais de facer fincapé en que resulta preciso continuar co labor divulgativo da súa persoa, obra e, polo tanto, do seu legado. Rematou a súa intervención lendo o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para este 2021.

Pola súa parte, o rexedor Xosé Lois Piñeiro subliñou a relevancia deste día, dedicado a esta escritora, “e quen calquera galega ou galego se sente orgulloso”. Tamén aproveitou a ocasión para lembrar que no presente ano botou a andar o xogo-concurso As sete Rosalías, cuxos detalles avanzamos os días pasados dende esta mesma web.

Xa no remate do acto procedeuse coa colocación da ofrenda floral a carón da fonte situada na referida praza.

Outros artigos

Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53ª edición

Curtas Festival do Imaxinario, o festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, con sede en Vilagarcía, presentou o cartel da súa 53ª edición. A imaxe, creada un ano máis polo artista arxentino Flavio Greco, mostra aos "Profundos", criaturas anfibias e...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.