A oitava edición do Día das Galegas nas Letras distinguirá á escritora Uxía Casal

26 Febreiro 2021

A escritora homenaxeada nunha imaxe de Eduardo Castro Bal

A escritora e docente Uxía Casal (Santiago, 1957), ribeirense de adopción, vai ser recoñecida este ano na oitava edición do Día das Galegas nas Letras, un destacado recoñecemento co que se queren visualizar e reivindicar as importantes contribucións das nosas escritoras. Así o fixo saber dende as redes sociais a plataforma de crítica literaria A Sega, que cualifica á autora de Saturno tamén é deus (Galaxia, 1997) como “raíña do misterio, da retranca e da palabra exacta”.

Segundo reflicte Nós Diario, o Día das Galegas nas Letras é unha iniciativa da Sega que comezou a súa andaina en 2014, cunha dedicatoria a Dorothé Schubarth. Ao longo dos anos foron distinguidas María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro, Marica Campo, Inma Antonio e Xela Arias, que este ano é a protagonista do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega (RAG).

A Nosa Señora das Letras é un título creado hai xa oito anos para destacar a figura daquelas mulleres que contribuíron á cultura galega en xeral e, sobre todo, á literatura. O ano pasado a honra foi para a dramaturga Inma Antonio.

Uxía Casal

Uxía Casal Silva, nada en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957, é unha escritora galega de literatura xuvenil de ficción científica. Afincada como dixemos en Ribeira, é autora de libros tan destacados como Un ano de fábula en catro estacións (1994), As ás de Xenoveva (1996) ou Saturno tamén é deus (1997), un clásico xa da literatura de misterio e terror na nosa lingua, recentemente reeditado polo selo Urco de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...