A hostalería de Ribeira contará coa axuda dunha patrulla policial para garantir o cumprimento das normas anti-COVID

15 Febreiro 2021

Ribeira converterase no primeiro municipio galego que dote á súa hostalería dunha patrulla policial para velar polo cumprimento das normas anticovid. A iniciativa nace do acordo entre a Asociación de Empresarios de Ribeira e o Concello, que tras recibir a proposta viu con bos ollos a posibilidade de garantir a seguridade dos locais da zona.

Coa hostalería pechada, agora é cando ambas entidades tratan de preparar e crear un procedemento de actuación por parte dos axentes. Nun principio, 2 axentes de policía local, Patrulla COVID-19, serían os encargados de realizar unha vixilancia especial e única para velar polo cumprimento da normativa sanitaria vixente. Así, os axentes patrullarán polos locais de hostalería e terán permiso se fose necesario para acceder ao interior, co fin de dotar dunha maior seguridade aos bares.

A proposta da Asociación de Empresarios de Ribeira, presidida por Francisco Martínez Gude, é froito do temor de todos os profesionais do sector, xa que explican que un novo cerre sería insostible para todos e desta forma evitaríase que os clientes poidan incumprir as normas sanitarias e así reforzar o traballo dos camareiros e donos dos locais, ademais de mellorar a seguridade da hostalería. 

Dende a sede da Asociación de Empresarios de Ribeira tamén solicitan o peche perimetral do municipio nos vindeiros festivos, pontes e Semana Santa. A actividade podería poñerse en marcha o vindeiro día 18 de febreiro coa posible apertura do sector hostaleiro. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.