A Audiencia Provincial desestima o recurso interposto contra unha familia do Son en risco de desaloxo

03 Febreiro 2021

A plataforma Stop Deshaucios informou de que a sección 4 da Audiencia Provincial da Coruña vén de emitir unha decisión favorábel dunha familia de Porto do Son cuxa residencia perigaba por mor dunha execución hipotecaria.

En concreto, a Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola entidade financeira do Banco Caixa España en contra do fallo ditado, por parte do Xulgado de 1º Instancia número 1 de Noia, no mes de outubro do 2019, polo cal se estimaba a oposición da devandita familia de Porto do Son contra a execución hipotecaria da mencionada entidade financeira.

“Agora a Audiencia volve declarar a nulidade da execución hipotecaria”, explican dende a plataforma barbanzá, “así como o sobresemento da mesma, coa imposición das costas procesuais”.

En consecuencia, a familia poderá seguir residindo, se é o seu desexo, na vivenda habitual.

Dende Stop Desafiuzamentos Barbanza destacan e agradecen “o extraordinario traballo do despacho profesional da avogada noiesa, Eva Castro Branco que levou o caso da familia humilde en quenda de oficio”.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.