8 novas mortes elevan as vítimas da pandemia en Galicia a 2.213

25 Febreiro 2021


As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.213 despois de que as autoridades sanitarias confirmasen este xoves o falecemento doutras oito persoas que foran diagnosticadas coa covid-19.

Segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade, só un destes falecementos tivo lugar este xoves. Trátase dun home de 74 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Así mesmo, Sanidade dá conta de cinco mortes rexistradas o mércores, día 24. Así, informa do falecemento dunha muller de 76 anos e doutra de 87 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); dun home de 53 anos e dunha muller de 90 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), e dun home de 74 no Hospital de Universitario Lucus Augusti ( HULA).

Por último, tamén comunica as mortes rexistradas o pasado martes, día 23, dun home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi), que procedía da residencia Castro Lareira de Salceda de Caselas; así como dun home de 91 no seu domicilio de Arteixo. Todas estas persoas presentaban patoloxías previas.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.