Xuizo o venres por roubos en Ribeira

14 Xaneiro 2021

Este venres a sección sexta da Audiencia Provincial de Santiago procesará a un veciño da comarca ao que se acusa de ser o presunto autor dun delito continuado de roubo, polo que o fiscal solicita unha pena de seis anos de prisión.

Os feitos polos que terá que prestar declaración ocorreron en outubro do 2018 cando, supostamente, entrou en cinco inmobles e as súas dependencias anexas. Todas as vivendas están situadas en Ribeira e, ademais de causar importantes danos, levou material de todo tipo, ademais de artigos de alimentación e bebidas.

Nunha das casas parece utilizou unha pedra para romper o cristal dunha xanela e poder acceder ao interior, e unha vez dentro prendeu lume a un sofá, o que provocou que toda a estancia se enchese de fume. Tamén rachou a porta de acceso a un baixo e a dous alpendres, polo que os danos causados ascenden a preto de 4.000 euros.

Nun galpón anexo a outro dos inmobles nos que actuou este presunto delincuente subtraeu unha bicicleta valorada en preto de 220 euros e un kaiak, que finalmente puido ser recuperado polas forzas da orde. Con todo, o botín puido ser moito maior, se non fose porque o propietario da vivenda acendeu unha luz cando escoitou que rompían o cristal dunha porta. O delincuente decidiu emprender a fuxida antes de ser descuberto.

Ademais da condena de prisión, o Ministerio Fiscal tamén solicita que o acusado se faga cargo de abonar as correspondentes indemnizacións aos prexudicados ou, no seu caso, ás compañías aseguradoras que correron cos gastos de reparación. En total, calcula que o material roubado e os danos causados nos distintos inmobles elévanse a case 5.200 euros.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.