Xa son 15 os locais que dispoñen dos envases de cociña da campaña ribeirense Lévame contigo

13 Xaneiro 2021

O Concello de Ribeira vén de facer balance dos locais que se adheriron á campaña Lévame contigo #cociñaderibeira, unha iniciativa lanzada polo Goberno local consistente na posta a disposición do sector de recipientes de cociña (50 por negocio) co fin de facilitar o servizo de take away e axudar deste xeito a minimizar o impacto da pandemia. Segundo informou o Concello, a día de hoxe xa son quince os establecementos hostaleiros e gastronómicos de diversas parroquias do municipio que dispoñen dos envases de cociña para levar que forman parte da dita iniciativa.

O Goberno ribeirense engade que aínda quedan existencias a disposición de máis locais hostaleiros. Os interesados pódenas recoller na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira (rúa Rosalía de Castro, 13) de luns a venres en horario de 9 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.