Unha decena de centros educativos da comarca participan este curso nos Clubs de Lectura

07 Xaneiro 2021

O programa Clubs de Lectura para impulsar a fidelidade aos libros entre o noso alumnado de ESO, Bacharelato ou FP, chegará este curso a 213 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 10.100 participantes. Entre estes centros escolares onde se vai estrear a iniciativa atópanse os seguintes da nosa comarca: o IES Espiñeira e o IES A Cachada, os dous de Boiro; o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro; o IES Campo de San Alberto de Noia; o IES Maruxa Mallo e o IES Poeta Añón, os dous de Outes; o IES da Pobra do Caramiñal, o IES de Porto do Son; e o IES Leliadoura e Nº1, estes dous de Ribeira.

O programa Clubs de Lectura forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares e ten como obxectivo “impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro”.

Para tal fin, o Goberno galego, a través da Consellería de Educación, destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro para, fundamentalmente, a adquisición de libros para as actividades do club (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

O pasado curso participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia e aproximadamente 13.100 alumnas e alumnos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.