Traslados a Santiago 17 internos por COVID-19 da residencia de maiores de Ribeira


A Consellería de Sanidade decidía trasladou a 17 internos da residencia de Ribeira que están contaxiados de coronavirus. Esta decisión obedece a motivos de organización co fin de poder telos mellor illados e controlados para que poidan superar a doenza canto antes.

Os internos ribeirenses foron levados ás instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi) en Salgueiriños onde, desde o 25 de outubro, ingrésanse a enfermos con coronavirus procedentes de residencias de maiores ou de discapacitados de toda Galicia.

As instalacións están especialmente habilitadas para este tipo de pacientes para poder prestarlles unha mellor atención, ao mesmo tempo que se organizaban de xeito mellor as habitacións do centro ribeirense, illando nunha soa planta aos afectados.

Por outra banda outro traballador desde Política Social confirman que outro dos traballadores da residencia de Ribeira deu positivo, polo que xa son tres os empregados afectados e 19 usuarios. A evolución de todos é favorable.