SOGAMA tratou case 70.000 kg de residuos sanitarios da segunda onda da COVID-19

07 Xaneiro 2021

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) tratou dende o pasado 23 de novembro ata o 18 de decembro un total de 69.800 quilos de residuos sanitarios de baixo risco (buzos, luvas, máscaras desbotábeis e similares) procedentes de centros adscritos ao SERGAS.

Deste xeito, SOGAMA viu incrementada a súa acción nun 7,38% nesta segunda onda con respecto á primeira por mor da COVID-19. Así, o SERGAS, ante a sobresaturación e falta de capacidade das instalacións encargadas expresamente do tratamento desta tipoloxía de refugallos, decidiu acudir á sociedade ambiental galega, para que asumise a xestión dos materiais de baixo risco.

Por un lado, SOGAMA habilitou no seu Complexo Medioambiental de Cerceda unha planta específica para tratar estes refugallos, dende a súa trituración ata o seu acondicionamento para convertelos nun combustíbel CDR, que é valorizado enerxeticamente na planta termoeléctrica a máis de 850ºC, para eliminar os patóxeno e outros axente nocivos.

Así, sumando os dous períodos de máxima incidencia da COVID-19, a sociedade ambiental eliminou 134.800 quilos de residuos sanitarios de baixo risco, evitando o seu depósito en vertedoiro. Esta boa labor é apoiada dende o Goberno central, que dan preferencia á fracción de residuos e a valorización enerxética fronte á tirada no vertedoiro.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.