Sete denuncias en Boiro por incumprir as restricións anti-COVID

18 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste luns 18 unha nova sesión semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, co fin de determinar novamente a evolución da pandemia do municipio e facer unha análise das necesidades que xorden e das medidas a aplicar nos vindeiros días para seguir freando a incidencia do coronavirus. Amais, déronse a coñecer as actuacións policiais desenvolvidas para garantir o cumprimento das disposicións (houbo sete denuncias).

Ademais das restricións determinadas polas autoridades sanitarias, o Concello mantén canceladas as actividades culturais e deportivas, así como pechados os parques infantís e instalacións municipais. So se permite o uso de instalacións deportivas ao aire libre para a práctica de deporte federado e previa notificación ao departamento de deportes.

Amais, na comisión fíxose saber que os operarios de Protección Civil realizan diariamente fumigacións manuais polos núcleos máis concorridos do municipio e, de xeito puntual, baldeos. Tamén realizan o servizo de recollida de lixo a domicilios illados por positivo en COVID-19 derivados dende o departamento de servizos sociais.

Durante a fin de semana efectuáronse un total de 7 denuncias por incumprir as restricións marcadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á situación epidemiolóxica. Dúas delas foron polo uso indebido da máscara de protección, unha por incumprir o peche perimetral e catro por fumar na rúa sen gardar a distancia de seguridade.

O Concello de Boiro insiste na necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e protección xerais para que o número de contaxios siga en descenso.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.