A Consellería de Sanidade comezará mañá, 15 de xaneiro, unha cribaxe dedicada aos empregados do comercio da Pobra, en concreto, ao sector servizos.
As probas, que se realizarán no Hospital de Barbanza, afectarán a 50 establecementos e 91 traballadores. A cribaxe inclúe ós comercios e ós servizos como os taxis ou os salóns de beleza.