Ribeira pon en marcha a campaña “Lévame contigo”

01 Xaneiro 2021


A iniciativa pretende que os veciños se animen a utilizar este servizo e os hostaleiros, a ofrecelo. A presentación correu a cargo da tenente de alcalde Mariola Sampedro, quen definiu a campaña como un xeito de apoio incondicional ao sector.

O concello ribeirense encargou unha primeira remesa de dous mil recipientes, con capacidade para uns 750 mililitros, que se distribuirán gratuitamente entre os negocios de hostalería que o soliciten. Neles poderán meter as racións para consumir en casa.

A distribución estará centralizada na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira, á que deben dirixirse quen desexe contar con estes recipientes.

O presidente da entidade, Francisco Martínez, subliñou que a distribución se fará tanto entre negocios que estean asociados como naqueles que non formen parte da entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.