Ribeira, Outes e Noia suman positivos e contense no resto da comarca. Na xornada rexistraronse 37 positivos

05 Xaneiro 2021

Continúa a vacinación nas residencias da área Santiago-Barbanza. Hoxe na comarca tocoulle o Fogar Artes en Ribeira.
Soben os casos en Outes, con tres xornadas de subida con 34 enfermos en 14 días, o que fai que a incidencia acumulada chegue ós 541 e é a máis alta de toda a comarca. En Noia teñen un positivo máis e xa son 52, e en Ribeira pásase de 100 a 101 e continúa sendo o municipio con máis enfermos da covid en dúas semanas.
Boiro repite os mesmos datos que onte 94, unha tendencia que tamén se produce na Pobra, que segue con 32 positivos en 14 días. O resto de concellos rebaixan as súas cifras, e mentres Muros rebaixa tres e queda en 28, Rianxo e Lousame restan dous e teñen 50 e 13.

A situación na área sanitaria de Santiago -Barbanza, amosa un crecemento e chega oss 1.336, nove mais con 80 enfermos hospitalizados no Clínico e no HM A Rosaleda, a cifra máis alta desta segunda onda,. Trece deles están na UCI. Nas últimas horas descubríronse 37 novos positivos e 51 persoas recibiron o alta, polo que a cifra de curados desde marzo é de 9.102.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.