Retirada a denuncia contra a familia de Rianxo por ocupación ilegal da súa vivienda

18 Xaneiro 2021

O xuizo contra unha familia de Rianxo que leva residindo na mesma vivenda desde 1978 foi suspendido esta mañá o quedar a demanda desestimada por parte da empresa.

A cita estaba convocado no xulgado de Padrón e era unha denuncia por ocupación ilegal presentada por un gran grupo inmobiliario, Aliseda. Hai anos que a propiedade foi embargada, pero tras un acordo alcanzado no 2013, a familia seguiu ocupando o inmoble sen problemas, ata que hai uns días recibiu unha notificación para a vista oral.

A plataforma Stop Desafiuzamentos, que no seu momento mediou para lograr unha saída consensuada que evitou o desaloxo, segue axudando a estes rianxeiros e mostrou a súa sorpresa ante a denuncia «cando levan anos de negociacións co Banco Popular, daquela o Santander e agora Aliseda».

O alcalde da vila rianxeira coa apoio das demais frozas municipais amosaron o seu apoio á familia e Rianxo en Común lanzou unha campaña en redes co mesmo obxectivo.

Stop Desahaucios Barbanza amosou a través da súa rede social o agradecemento ós medios de comunicación, entre eles, O Barbanza, polo apoio amosado:

STOP Desahucios Barbanza”

“ALISEDA” RETIRÓ, en el último momento, LA DENUNCIA CONTRA LA FAMILIA DE RIANXO.
GRACIAS AL ALCALDE DE RIANXO ADOLFO MUIÑOS, AL ABOGADO VIGUÉS TOMÁS SANTODOMINGO Y A TODOS LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, EN ESPECIAL A LA TELEVISIÓN DE GALICIA, A LA CADENA SER, A DIARIO DE AROUSA, A LA VOZ DE GALICIA, A CANAL BARBANZA, A O BARBANZA, GRACIAS…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...