Redúcense os tempos de espera para a renovación do DNI en Ribeira

15 Xaneiro 2021

Actualmente a renovación do DNI en Ribeira pode solicitarse con cita previa dun día para outro, incluso obtela no mesmo día. O pasado mes de marzo ampliouse un ano a validez destes documentos que caducaban co fin de reducir os tempos de espera, algo que se está a reflectir agora.

O adiamento acumulado na renovación e a consecuente caducidade, por mor do estado de alarma decretado, era algo evidente que a Policía Nacional solucionou grazas ó reforzo da expedición do DNI nas súas oficinas. Así, meses despois do estado de alarma, conseguiron reducir ao mínimo o tempo de espera para satisfacer a demanda na cita previa.

Deste xeito, a cita previa para a obtención ou renovación do DNI e Pasaporte pode lograrse cunha demora de poucos días, e no caso de Ribeira incluso no mesmo día. Dende a Policía Nacional aconsellan realizar este trámite canto antes para evitar situacións de largos tempo de espera para a súa renovación en caso de que finalice a prórroga da vixencia do documento.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.