Record de usuarios en “obarbanza.gal”. Maís de 34.000 usuarios únicos en decembro

Remata 2020 cuns magníficos datos de seguimento do noso diario dixital. Seguimos crecendo e decembro deixou 65.214 visitantes cunha media diaria de 2.105 usuarios día. Esto indica que o longo do mes que rematou contamos con 34.271 usuarios únicos (Esta cifra refricte o número de persoas físicas diferentes que accederon o sitio- Datos de Dinaserver).

O crecemento durante o 2020 foi dun 309,94 %, mentres que os usuarios únicos aumentaron en 12 meses nun 362,95 %. Durante o derradeiro mes do ano descargaronse de media 5.910 novas/día.

Respecto á procedencia dos nosos lectores España, Estados Unidos; Alemania, Noruega, Francia, Finlandia e Chile encabezan o listado no que temos lectores de 123 países.

Ase mesmo a nosa publicación mensual “ O Barbanza”, segue a ter unha moi boa acollida cos mais de sete mil exemplares repartidos nos concellos da comarca e o aumento de paxinación.
Respecto ás nosas redes sociais tamén seguen crecendo e así facebook aumentou no último mes un 104 %. Todo un éxito que nos anima a seguir traballando e aumentando os nosos contidos.

Grazas e xa saben que seguimos contando co seu apoio e colaboración, ben a través do noso email “lectores@obarbanza.gal” ou do whasapp 608 24 01 60.