Reciben a alta seis residentes do centro de maiores de Ribeira. En Galicia houbo 18 falecidos

21 Xaneiro 2021


Baixan os casos positivos da residencia de maiores de Ribeira. A Xunta mantén activos os casos de 64 usuarios e 21 trabajadores.

As seis altas proceden dos ingresados na residencia de CEGADI en Santiago onde a Consellería de Política Social informa de 64 internos e 21 traballadores. Os pacientes dados de alta son trasladados á residencia ribeirense onde estarán nunha pranta habilitada para acoller ós curados.

En total, o brote detectado na residencia de Ribeira afectou ata o momento a 99 persoas, das que 78 eran maiores e 21 pertencían ao persoal do xeriátrico. Rexistráronse oito falecementos de internos, seis dos cales foran trasladados ao CEGADI de Santiago e dous faleceron no propio centro de maiores de Ribeira.

Por outra banda este xoves rexistraronse 18 falecidos en Galicia. Na área sanitaria de Santiago- Barbanza faleceron tres mulleres de 88 anos, 90 anos e 72 anos.

O resto foron en:

Home de 90 anos, no Chuo.

Home de 82 anos, no Chuac.

Muller de 74 anos, no Chuac.

Home de 78 anos, no Chop.

Home de 73 anos, no Chuac.

Home de 74 anos, no Chuo.

Muller de 85 anos, no Chuvi.

Muller de 92 anos, no Chuvi.

Home de 82 anos, no Chuf.

Home de 83 anos, no Chuf.

Home de 90 anos, no Chuf.

Home de 90 anos, en Povisa.

Home de 86 anos, en Povisa.

Home de 92 anos, no Chop.

En centros sociosanitarios:

Home de 92 anos, na Residencia Paz y Bien de Tui.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...