Preto de 2 millóns para humanizar a travesía de Palmeira

18 Xaneiro 2021

A  conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, selou esta mañá, xunto co presidente da Fundación RIA, David Chipperfield, un convenio por un investimento de 212.000 euros para impulsar actuacións de humanización en 5 travesías da estrada autonómica AC-305 na comarca da Barbanza.

Na reunión posterior á sinatura do acordo, na que tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e representantes da xunta directiva da Fundación RIA, Vázquez Mourelle explicou que con este novo convenio se dá continuidade á actual colaboración conxunta para a mellora da integración desta estrada AC-305 no entorno urbano de Palmeira, no concello de Ribeira, que está a servir como proxecto piloto de referencia, demostrativo e replicable para este tipo de actuacións urbanas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, selou esta mañá, xunto co presidente da Fundación RIA, David Chipperfield, un convenio por un investimento de 212.000 euros para impulsar actuacións de humanización en 5 travesías da estrada autonómica AC-305 na comarca da Barbanza.

A este respecto, Vázquez Mourelle avanzou que en base á proposta elaborada pola Fundación RIA, a Xunta ten previsto licitar xa, neste primeiro trimestre, o contrato para a redacción do proxecto de construción e dirección das obras da intervención na travesía de Palmeira.

Esa intervención, que suporá un investimento aproximado de 1,8 millóns de euros, vai dirixida a recuperar a identidade urbana da estrada e a humanizar a súa contorna ao seu paso por Palmeira.

Segundo explicou a conselleira, a actuación ten por obxectivo garantir a seguridade de peóns e condutores, favorecendo a mobilidade a pé e reforzando a identidade urbana, coa extensión beirarrúas e arborado.

Ao abeiro do novo convenio asinado hoxe desenvolveranse durante este ano 2021 e en 2022 e 2023 unha serie de actuacións nesta estrada da comarca do Barbanza, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria, tanto para condutores como para os peóns e de traballar na recuperación da identidade urbana.

En concreto, realizarase unha análise global do ámbito que atravesa esta vía autonómica, identificando aqueles puntos nos que sexa máis necesario levar a cabo actuacións. E, posteriormente, acometeranse análises específicas e elaboraranse directrices estratéxicas para intervir en 5 ámbitos urbanos ao longo da vía autonómica nos que se considere máis necesario promover unha convivencia máis harmónica entre vehículos e peóns.

Tal e como explicou a conselleira, este traballo traducirase na elaboración de propostas de intervención para cada un dos treitos analizados e no seu deseño contarase coa participación dos concellos.

O Goberno galego con estas actuacións persegue favorecer unha mobilidade máis segura e sustentable e tamén acadar unha mellor adaptación desa estrada, tendo en conta os contornos urbanos que percorre e a súa funcionalidade actual. Desde a posta en servizo da autovía do Barbanza a estrada rexistra unha mobilidade basicamente local.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.