Os Reis Magos reciben na Casa da Cultura aos nenos e nenas de Lousame

05 Xaneiro 2021

Malia que as restricións sanitarias decretadas pola Xunta obrigaron ao Concello de Lousame a mudar a súa programación cultural neste comezo do ano, incluíndo a cancelación do tren turístico para a rapazada ou a tradicional Cabalgata de Reis, o Goberno local quixo manter acesa a chama da ilusión cunha actividade cen por cen controlada e segura na Casa da Cultura, este martes 5 de xaneiro: unha xuntanza coas Súas Maxestades en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Para evitar aglomeracións, o Concello de Lousame estableceu un sistema de reserva da entrada gratuíta para a recepción, ben a través de Bandoticket ben a través do teléfono da Casa da Cultura. Deste xeito, cada veciño e veciña que quixese asistir puido reservar a hora que máis lle conviña.

As visitas realizáronse en grupos moi reducidos, de acordo ao aforo limitado que xa dispón o auditorio da Casa da Cultura e con paradas para a desinfección do lugar. Así mesmo, as persoas que están a asistir, tanto rapazada como persoas adultas, usaron máscara, mantiveron a distancia de seguridade e desinfectaron mans e calzado na entrada, onde se lles tomou a temperatura.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinalou que “dende o Concello de Lousame esforzámonos por manter viva a ilusión destas datas e por apostar pola organización da cultura nunha contorna segura. Por iso, malia que este ano tivemos que renunciar a tradicional cabalgata dos Reis Magos, si que puidemos deseñar un formato de recepción para nenos e nenas con estritas medidas de seguridade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.