Os Reis Magos chegan este martes á Casa da Cultura de Lousame

04 Xaneiro 2021

O Concello de Lousame viuse obrigado, por mor da pandemia, a anular a tradicional cabalgata de Reis pola parroquias. No seu lugar, a Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá martes 5 de xaneiro unha recepción cos Reis Magos, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Por un lado, o Concello evitará aglomeracións mediante un sistema de reserva da entrada gratuíta para a recepción, ben a través de www.bandoticket.com ou a través do teléfono da Casa da Cultura. Así, cada veciño e veciña que desexe asistir poderá reservar a hora que más lle conveña.

Deste xeito, o Concello de Lousame porá en marcha un protocolo que permitirá as visitas en grupos moi reducidos, de acordo ao aforo limitado que xa dispón o auditorio da Casa da Cultura e con paradas de desinfección do lugar. Tódolos asistentes accederán á cita mediante o código QR (reserva por internet), ou facilitando nomes e apelidos (reserva por teléfono)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.