Os empresarios de Ribeira fan un chamamento a participar na concentración a prol da hostalería

15 Xaneiro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un comunicado este venres 15 no que mostra a súa adhesión ás concentracións da hostalería previstas nesta tarde na localidade e convida á cidadanía a participar na mobilización na praza do Concello “para pedir unhas medidas que axuden a suavizar a difícil situación do sector”, sen dúbida un dos máis duramente castigados pola crise sanitaria e económica e polas restricións sociais que se están a poñer en práctica dende as administracións.

Segundo lembra a entidade, asistirán á concentración, mostrando o seu apoio, a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e o patrón maior de Aguiño. A asociación tamén fai saber que o comercio local sumarase á mobilización mediante o peche dos establecementos entre as 18.30 horas e as 19.00 horas. Asemade, prega que sexan respectadas co máximo rigor as medidas anti-COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.