Os concursos de decoración de Nadal de Ribeira xa teñen gañadoras e gañadores

D´vicio, gañador de decoración da hostalararía de Nadal

A Concellería de Cultura de Ribeira deu a coñecer os nomes das persoas gañadoras nos seus concursos de decoración de Nadal 2020-2021 nas modalidades de cartel, postal e decoración de fachadas, balcóns ou xardíns. Os certames, que achegaron premios en bonos de compra para gastar nas tendas e establecementos de Ribeira, foron postos en marcha para incentivar a participación e a creatividade da cidadanía ao tempo que se impulsa o comercio local e a hostalería, dous dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da crise sanitaria e económica. Os concursos viñeron dotados con 1.230,00 €.

Entrega de bonos de rifas de Reis a Nicoleta Popa

Rematado o prazo de votación (establecido ás 10.00 horas deste 8 de xaneiro) procedeuse a facer o reconto de gústames ou likes acadados nas redes sociais por parte dos traballos presentados coas correspondentes capturas de pantalla. Desta comprobación telemática a través da páxina Entérate da plataforma Facebook, resultaron os seguintes gañadores co primeiro, segundo e terceiro premio, consistentes en vales de compra para gastar ata o 31 de xaneiro nos 23 establecementos do comercio local adheridos á campaña:

· 1º Premio (300 €): Elisa Mary García Fernández. Título: Nueva Navidad. Lugar Parte o Río, 58 carreira.

· 2º Premio (210 €): José Manuel Parada Paz. Título: Nadal en Parte O Río. Lugar parte o Río, 30 Carreira.

· 3º Premio (120 €): Angela Pego Pérez. Título: Manualidades de Navidad. Rúa Xohana Torres, 6B entreplanta.

Os premios en vales de compra serán entregados pola concelleira de Cultura ás persoas agraciadas nun acto a realizar a vindeira semana na Casa do Concello.

Gañadora da modalidade de fachadas, xardíns e balcóns

Así mesmo, os tres boletos beneficiados cos tres premios de 120€ en vales de compra cada un son os números 570, 436 e 587 correspondentes coas tres últimas cifras do primeiro, segundo e terceiro premio no sorteo da Lotería Nacional do Neno celebrado en Madrid o día 6 de xaneiro.

As persoas que teñan no seu poder estes boletos deberán comunicalo ata o 15 de xaneiro no Centro Cultural Lustres Rivas para proceder ao seu rexistro indicando os seus datos persoais para poder facerlles entrega dos premios de 120€ en vales de compra no comercio local.

O Concello informou de que polo momento xa se fixo entrega dun destes premios, o correspondente á rifa co número 436, a Mioara Nicoleta Popa de Ribeira.

La Urbana Store, gañador de escaparate de Nadal

Ademais, nas modalidades de decoración hostaleira e escaparatismo resultaron gañadores os seguintes establecementos, que recibirán o premio en metálico, dotado cun total de 1.200,00€ en premios:

Concurso decoración hostaleira

• 1o Premio (300€): Pizzería D’Vicio. Alberto Barral Agraso,

• 2o Premio (200€): Vinoteca Abuela Gloria. David Fernández.

• 3o Premio (100€): Bar Snack. Carmen Acevedo Seráns.

Concurso escaparates

• 1o Premio (300€): La Urbana Store. Alvaro Muñiz Ventoso.

• 2o Premio (200€): Alba Santos. Alba Santos Romay.

• 3o Premio (100€): A tenda de San Martiño. Sandra Villanuestre Lapido.

Estes premios serán entregados no mes de xaneiro aos agraciados, pendente o lugar e data por determinar.