Ofrenda floral na praia das Furnas a Ramón Sampedro

11 Xaneiro 2021
Captura da filmación levada a cabo na praia das Furnas pola CRTVG

A praia das Furnas (Xuño, Porto do Son) foi escenario da tradicional ofrenda floral en homenaxe a Ramón Sampedro, quen foi un dos principais defensores do dereito das persoas a vivir e, tamén, a morrer de xeito digno (de feito pasou á historia por ter sido o primeiro español en reclamar este dereito). Este acto convértese así no primeiro logo da recente aprobación da lei da eutanasia en España.

Ramón Sampedro, natural de Xuño, tiña 25 anos cando sufriu o accidente no acantilado das Furnas e que o deixou tetrapléxico. Dende ese momento, este mariñeiro e escritor galego comezou unha intensa actividade para solicitar o suicidio asistido coa axuda das persoas que o coidaban, dado que o Estado o prohibía. Case trinta anos despois, no 1998, Ramón Sampedro lograría o seu obxectivo coa axuda de diversas persoas, un feito que abriu o debate sobre a eutanasia en España.

Hoxe, 23 anos despois, a proposición da lei da eutanasia atópase no Senado á espera de que a Cámara retome a actividade parlamentaria e España se converta no sexto país do mundo en que esta práctica é legal. Deste xeito, grazas á asociación Derecho a Morir Dignamente, as flores recordan a Ramón Sampedro, pioneiro da eutanasia en España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.