O sector pesqueiro poderá beneficiarse de máis de 1,6 millóns en axudas para proxectos innovadores

09 Xaneiro 2021

A Consellería do Mar pon a disposición do sector pesqueiro máis de 1,6 millóns de euros en axudas para desenvolver proxectos innovadores. Esta cantidade, que se distribúe nas anualidades 2021 e 2022, enmárcase na
convocatoria de 2021 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), tal e como recolle a orde que publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG) nos vindeiros días.
Poderán optar a estes apoios os propietarios de buques pesqueiros e as súas organizacións ou asociacións -incluídas as confrarías de pescadores- que conten coa colaboración dun organismo científico que desenvolva as operacións e valide o seu resultado. Terán a consideración de organismo científico ou técnico os incluídos no rexistro creado ao abeiro do
real decreto polo que se regulan os Centros Tecnolóxicos e os Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica. Tamén poderán validar os resultados os Organismos públicos de investigación (OPI) indicados na Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, os recoñecidos pola normativa propia das comunidades autónomas e as universidades públicas e privadas ou entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i.
Esta convocatoria comprende dúas liñas de axuda diferentes. Unha delas é para proxectos innovadores que busquen desenvolver ou introducir produtos e equipos, procesos e técnicas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados e a ela destínanse 810.000
euros. A outra liña de axudas conta con 800.000 euros e enfócase a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e as capturas accesorias e á introdución de técnicas de pesca perfeccionada e de artes máis selectivas.
Algúns exemplos de accións de colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos científicos susceptibles de poder acollerse a estas achegas son as tecnoloxías para a dixitalización dos datos para a identificación e cuantificación de especies e biomasa descartada e o desenvolvemento de sistemas de clasificación e cuantificación de capturas.
Outros exemplos son o desenvolvemento de procesos de valorización dos descartes de pesca que abran novas oportunidades comerciais ou aparellos de pesca innovadores e máis selectivos.
Con estas subvencións, a Xunta busca impulsar a competitividade e a sustentabilidade medioambiental do sector. Así, a través delas subvencionarase con carácter xeral o 50% dos investimentos que fagan os propietarios de buques pesqueiros e as súas organizacións en proxectos e operacións innovadoras. Esa porcentaxe pode chegar ao 100% cando se trate de proxectos de interese colectivo, cun beneficiario colectivo e con características innovadoras a escala local.

barco de pesca en carnota

Outros artigos

En Noia, comezan as obras de reposición da Ponte de San Lázaro

O Concello de Noia confirmou que esta semana comezaron as obras de reposición da ponte peonil de San Lázaro, unha actuación "necesaria para recuperar un elemento que levaba anos cunha parte da madeira en mal estado", engadiron fontes do Consistorio. Os traballos están...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.