O monte de San Alberte en Ribeira dá acollida a cen novos carballos

15 Xaneiro 2021

O Concello de Ribeira informa de que vén de emprender unha actuación dirixida a rexenerar medioambiental e paisaxisticamente o monte de Santo Alberte, e fíxoo repoboando unha parcela situada na súa contorna con especies arbóreas autóctonas.

En concreto, e “co ánimo de favorecer a biodiversidade nesta contorna”, plantáronse un cento de carballos con alturas que oscilan entre os 50 centímetros e o metro e medio nunha parcela próxima á capela de San Alberte. As árbores foron facilitadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

A actuación incluíu tamén como traballos previos o acondicionamento do terreo (mediante a roza mecanizada do mesmo) e a apertura dos buratos necesarios para efectuar a plantación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.