O IES da Pobra reparte 450 calendarios entre o alumnado a prol da igualdade

22 Xaneiro 2021

O IES da Pobra entregou esta semana uns calendarios de mesa entre o alumnado co fin de promover a igualdade. Os almanaques están compostos por ilustracións realizadas polas e polos estudantes, focalizadas en concienciar sobre a violencia de xénero e os problemas que poden ocasionar.

A Administración local foi a encargada de financiar a impresión dun total de 450 calendarios editados para a ESO, Bacharelato e ciclos. O centro promoveu a iniciativa en colaboración coa Concellería da Igualdade da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...