O Concello de Rianxo comeza o ano de Castelao cun amplo programa de celebracións

15 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo comezou 2021 organizando unha manchea de actividades arredor do programa Actos Castelao 2021, destinado a conmemorar ao ilustre rianxeiro no setenta cabodano do seu falecemento. A proposta inclúe diversas actividades culturais, que xa comezaron no mes de decembro e que rematarán en febreiro.

Neste momento, está levándose a cabo o Certame Díaz Pardo, unha iniciativa da Deputación da Coruña, que consiste en promover o uso das artes plásticas. Esta actividade estará vixente ata o 18 de xaneiro.

Do mesmo xeito, celebrarase outra exposición o día 23 no Museo de Artes (Ribeira), que terá que ver cos gravados, en homenaxe a Luís Seoane e á Torre de Hércules. Ese día tamén está previsto un concerto na Coruña do grupo Ailá, para presentar o seu traballo ELO.

O venres 29 celebrarase a presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, de Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Amais, darase a coñecer o suplemento nº 161 de A Voz de de Barbantia e levarase a cabo unha intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga. O acto abrirase e pecharase coa actuación de Miriam Pardal Figueiro (trompa) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola de Música de Rianxo.

Doutra banda, o sábado 30, celebrarase en Ribeira unha ofrenda floral coa intervención de autoridades e alumnado do IES Félix Muriel. A maiores tocará na Coruña o grupo 2naFronteira, presentando o traballo Arredor de Nós.

Por último, o venres 5 de febreiro, presentarase a novela de investigación Un señor elegante de Suso de Toro, coa participación de Xosé Luis Axeitos e Adolfo Muíños. Mentres, o sábado 6 farase a presentación de Castelao, a cargo do académico da RAG e profesor Francisco Fernández Rei e coa participación de Francisco Castro, director de Galaxia, e Adolfo Muíños.

Todas as persoas que queiran acudir a algún destes actos, deberán reservar a súa entrada en auditorio@concelloderianxo.gal, indicando o seu nome completo e teléfono. Tamén é preciso comunicar, de ser o caso, quen son convivintes (como medida preventiva fronte á COVID – 19). Para calquera outra información, os interesados poderán visitar as actividades na páxina web do Concello.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.