O Concello de Outes distribuirá plantas de castiñeiro para as franxas secundarias

13 Xaneiro 2021

O Concello de Outes vai apostar por fórmulas sustentábeis para loitar de maneira máis eficaz contra os lumes forestais. Deste compromiso despréndese o Plan de recuperación de árbores autóctonas, que pon o foco nas franxas secundarias e no seu potencial para pór freo aos incendios que asolan a nosa comarca todos os anos. Ao abeiro deste plan, o Concello repartirá gratuitamente as plantas de castiñeiro entre as propietarias e propietarios que o soliciten (un máximo de 20 por solicitante).

As persoas interesadas poden realizar a súa petición no departamento de Urbanismo do Concello entre o 18 e o 29 de xaneiro, chamando previamente ao teléfono 637 063 677.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...