O CD Boiro incorpora ao pobrense Diego Fernández

19 Xaneiro 2021
Diego Fernández, Imaxe redes sociais CD Boiro

Diego Fernández Ventoso convértese en novo xogador do CD Boiro para a vindeira temporada que comezará o 31 de xaneiro. O xogador pobrense volve ao club boirense logo de pasar por equipos da Terceira División como o Céltiga, Silva e Bergantiños.

O mediocampista barbanzán deixara a entidade carballesa por motivos persoais, pero decidiu volver aos terreos de xogo da man dun CD Boiro que gaña coa súa incorporación un futbolista que pode actuar como mediocentro, mediapunta e incluso central. Fernández foi un dos mellores xogadores nas anteriores campañas do Bergantiños na Terceira División, co que chegou a disputar a promoción de ascenso á Segunda División “B”

Deste xeito o equipo dirixido por Cristian Pérez suma a fichaxe de Diego Fernández á de Pablo Vidal e Carlos Gómez. A pesares do inminente comezo da competición, as baixas sufridas polo Boiro poden provocar máis movementos nun plantel que vai collendo forma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.