O 112 Galicia rexistra medio cento de incidencias relacionadas co xeo no que vai de xornada

09 Xaneiro 2021

O xeo e, en menor medida, a neve está a ocasionar problemas na circulación, especialmente en vías secundarias.

Así, o 112 Galicia rexistrou no que vai de xornada medio cento de incidencias relacionadas con este fenómeno adverso sen que, en ningún caso, se produciran danos persoais.

Cómpre destacar, iso si, unha incidencia causada pola neve, e non polo xeo, que obrigou a cortar de forma momentánea a circulación pola AG64, nas Pontes de García Rodríguez, ata que se recuperaron as condicións de seguridade vial.

Polo demás, a tendencia xeral durante as primeiras horas do día foron as placas de xeo en estradas secundarias e con especial incidencia na zona norte da provincia da Coruña, onde o 112 Galicia rexistrou algúns accidentes de tráfico, maioritariamente, sen feridos.

Con todo, é importante salientar o número de incidencias provocadas polos efectos das baixas temperaturas, que vimos experimentando de forma pronunciada desde o pasado día 5 de xaneiro. De feito, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia contabilizou desde a véspera do Día de Reis ata as 12 horas do día de hoxe máis de 400 intervencións vinculadas á formación de placas en rúas e estradas. 

Por provincias, destaca A Coruña, que obsorbeu máis do 50 por cento das incidencias rexistradas (preto de 250), seguida de Pontevedra, que representou o 25 por cento do total de intervencións (máis dun cento). En menor medida, producíronse problemas co xeo na provincia de Lugo e Ourense, con 40 e 10 incidencias, respectivamente.   

Ante esta situación, desde o 112 Galicia recoméndase á cidanía ter en conta estas medidas para tratar de reducir riscos. 

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...