No Son, inicio das obras de mellora na rúa Costa da Granxa e remate dos traballos en Salvador

21 Xaneiro 2021

O Concello de Porto do Son informou do inicio das obras para o acondicionamento da rúa Costa da Granxa, na propia vila sonense, uns traballos que veñen cun investimento de 30.900 euros. Trátase, en palabras do Goberno local, “dunha obra moi agardada”, que forma parte dunha estratexia local de mellora das infraestruturas que “busca reactivar a economía local a través da creación de emprego e do consumo”.

Amais disto, o Concello tamén comunicou o remate das tarefas de posta a punto da rúa Salvador, que xa foi aberta ao tráfico e que durante este outono-inverno foi obxecto de traballos de acondicionamento que implicaron un investimento de 60.000 euros. Nesta rúa procedeuse a substituír as tubaxes de augas residuais e pluviais e a renovar o pavimento, reemprazando o aglomerando asfáltico por formigón pulido.

Estes días tamén está previsto o inicio de máis traballos de posta a punto nunha rúa próxima ás devanditas: a rúa Petón. Todos estes vieiros comparten, segundo confirmou o Concello, eivas semellantes que cómpre solucionar. A maiores, nesta mesma contorna, acondicionaranse as rúas Santa Irene e Atalaia.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.