No cribado do Cidade de Ribeira participaron o 90 % dos chamados. Nove falecidos en Galicia soben a 1.608 as vitimas da Covid

23 Xaneiro 2021

No cribado realizado a un equipo de fútbol de Ribeira, participaron máis do 98% dos citados.

Galicia sofre récord de contaxios e roza os 1.000 hospitalizados.

O SERGAS infroma do falecemento de 9 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Foron un home de 57 anos, no CHUAC. Unha muller de 83 anos, no Hospital Público da Mariña (procedente do asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo). Un home 86 anos, no Hospital Público de Monforte. Unha muller de 70 anos, no CHOP. Unha muller de 83 anos, no CHUVI, un home de 84 anos, no CHUVI; un home de 59 anos, no CHUVI. Un home de 75 anos, no CHUF e otro home de 86, no CHUF. Todos eles presentaban patoloxías previas.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.286, deles 4.826 son da área da Coruña, 1.545 da de Lugo, 2.568 da de Ourense, 1.579 da de Pontevedra, 3.349 da área de Vigo, 2.947 da de Santiago, e 1.472 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 142 están en UCI, 825 en unidades de hospitalización e 17.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 65.375 persoas curadas, rexistrándose 1608 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.309.379.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...