Na Rede o novo tema de Nastasia Zürcher, gravado en Rianxo

26 Xaneiro 2021

A artista suízo-galega Nastasia Zürcher vén de lanzar un novo tema de seu nas redes (o segundo adianto do seu novo disco) que foi gravado na nosa terra polo filmmaker Jairo Moreno, concretamente no Auditorio de Rianxo. O novo tema chámase Revelation e é unha canción para plantar cara ás adversidades actuais coa súa alegre e agradecida mestura de disco, funk, pop e folk. Dende que foi subida ao Youtube, a mediados de xaneiro, xa recibiu mancheas de reproducións (1.800 este 26 de xaneiro) e comentarios positivos.

Nastasia Zürcher, Premio Martín Códax da Música na categoría de Blues, Funk & Soul, atópase na actualidade na precampaña do seu terceiro álbum como solista, que xa foi obxecto dun primeiro adianto no mes de novembro: o tema Lo estoy soltando, que tamén se pode escoitar en liña.

O vídeo que foi gravado en Rianxo inclúe a participación dos novos músicos que contribuíron á realización do novo traballo discográfico de Nastasia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.