Nova vítima na Residencia ribeirense. Convocados 870 traballadores do comercio de Ribeira para facer cribado

29 Xaneiro 2021

En Galicia falecen 34 persoas pola COVID e elevan a 1.752 as vítimas

Falecen 34 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Estes falecementos non son todos de hoxe, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid. Unha das vítimas é unha muller de 89 anos no CHUS que procedía da residencia de maiores de Ribeira o que eleva a 12 o número de vítimas. Da Residencia ribeirense hai 9 internos afectados e 5 traballadores.

Este sábado á tarde e o domingo realizarase un cribado ao comercio de Ribeira. Levarase a cabo no Hospital da Barbanza e citarase a 870 traballadores/as.

Relación de vítimas validados por Saúde Pública:

Día 27:

Muller de 90 anos no CHUAC

Muller de 93 anos na residencia Paz e Ben de Tui.

Día 28:

Home de 63 anos no CHUVI

Home de 90 anos no CHUAC

Muller de 89 anos no CHUAC

Muller de 88 anos no CHUS

Muller de 89 anos no CHUS que procedía da residencia de maiores de Ribeira

Muller de 90 anos no CHUVI.

Muller de 78 anos no CHUVI.

Home de 78 anos no CHUF.

Muller de 87 anos no CHUAC

Muller de 83 anos no CHUAC.

Home de 98 anos no Hospital Comarcal de Verín. Procedía da residencia Santa María de Verín.

Muller de 90 anos no CHUF. Procedía da residencia Mi Casa de Ferrol.

Muller de 83 anos no CHOP.

Home de 79 anos no CHUAC

Home de 92 anos no CHOP.

Home de 80 anos nos CHUVI.

Muller de 72 anos no CHUAC.

Muller de 88 anos no CHUVI.

Home de 61 anos no seu domicilio en Ponte Caldelas

Muller de 67 anos na residencia San Lázaro e San Sebastián de Ribadeo.

Día 29

Muller de 61 anos no CHUVI Procedía da residencia Casa A Nosa Sra. de Fátima e Cristo Rey de Crecente.

Home de 96 anos no CHOP.

Muller de 85 anos no CHUAC.

Home de 64 anos no CHUS.

Muller de 86 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Muller de 94 ano no CHUO. Procedía do Fogar Residencial Branco Amor de Boborás

Muller de 55 ano na Residencia de gravemente afectados Pai Menni de Betanzos.

Muller de 84 anos no CHUVI.

Muller de 92 anos no HULA.

Home de 77 anos na residencia DOMUSVI de Carballo

Home de 84 anos na residencia DOMUSVI de Carballo

Home de 91 anos. Falecido en residencia Virxe da Clamadoira de Muiños.
Todos eles tiñan patoloxías previas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.