Medio Ambiente regula a nova tempada de pesca da anguía no esteiro do Ulla

27 Xaneiro 2021
Lampreas do Ulla nunha imaxe de RTVE

A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar no DOG a normativa que regula a campaña da pesca da anguía na desembocadura do río Ulla, que se celebrará do 1 de febreiro ata o próximo 31 de outubro.

Cabe mencionar que queda aprobada a renovación do plan de aproveitamento específico desta especie para o ano 2021, que autoriza a faenar 15 embarcacións con 35 tripulantes das Confrarías de Ribeira e Rianxo. Doutra banda, manteranse os principais requisitos que rexeron nesta zona durante a campaña anterior. Así, o tamaño mínimo das capturas queda fixado en 20 centímetros. Os pescadores teñen a obriga de devolver ao río aqueles exemplares que non dean a talla. Tamén as anguías prateadas e outros tipos de peixes que poidan entrar nas nasas.

Do mesmo xeito, a única arte permitida para poder practicar a pesca desta especie na desembocadura do Ulla será a nasa-voitirón, cun tamaño de malla non inferior a 14 milímetros e un límite de 80 nasas ao día por embarcación, segundo o recollido no Plan de Xestión da Anguía en Galicia. As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e terán que baleirarse o máis rápido posible para evitar a morte das capturas accidentais.

O horario permitido para levar a cabo esta práctica será dende as 12:00 horas do luns e ata as 12.00 horas do sábado, cun máximo de oito horas diarias de traballo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.