Máis frio durante a fin de semana. Mañá alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

08 Xaneiro 2021

Galicia queda nunha situación intermedia entre as altas presións do Atlántico e a borrasca do Mediterráneo. Esta propicia a formación dun corredor de ventos do norte que traerán aire aínda máis frío que o de xornadas anteriores.

Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvias máis probables na metade norte, de neve en cotas arredor 300-500 metros. As temperaturas non cambiarán, seguirán moi frías,con xeadas xeneralizadas. Os ventos soprarán fortes de compoñente norte.

Prognóstico, 9 de xaneiro de 2021

O domingo Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos intensos do nordés. Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con apertura de grandes claros pola tarde no sur e oeste da Comunidade. No terzo norte da provincia de Lugo son probables chuvascos ocasionais, de neve en cotas arredor dos 400 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, aínda así seguiranse formando xeadas de madrugada e a sensación térmica será de frío intenso por mor dos ventos fortes do nordés.

Por outra banda a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña a partir de mañá pola tarde.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno meteorolóxico afectará ao noroeste e oeste da costa coruñesa por vento do noroeste forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas que poden superar os 4 metros. O resto do litoral galego permanecerá en nivel amarelo.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra nas zonas afectadas a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.