Máis de 4.000 traballadores das empresas de Barbanza participaron no cribado de Sanidade

08 Xaneiro 2021

Hoxe rematou o cribado masivo que o persoal de enfermería do hospital de Barbanza realizou aos traballadores das principais empresas de Barbanza co obxectivo de descubrir posibles contaxiados asintomáticos que puideron provocar brotes coincidindo co regreso ás factorías despois das vacacións de Nadal. Estaban citadas 4.796 persoas, e foron realizar as PCR 4.121, preto dun 86 % do total.

No cribado da industria alimentaria no Barbanza estaban citadas onte 1.102 persoas e acudiron 1.018. Mentres esta mañá citouse a 900 persoas e acudiron ao cribado 720.
Esta é a segunda ocasión que se realiza un cribado a empregados do sector industrial da comarca, debido a que xa levou a cabo outro entre o 11 e 14 de decembro debido ao importante incremento de positivos nos concellos de Arousa norte. Naquela ocasión, puidéronse detectar máis dunha decena de contaxiados asintomáticos.

Outros artigos

Un motorista resultou ferido tras colidir contra un coche en Rianxo

Un motorista resultou ferido este mediodía en Rianxo tras colidir contra un coche no quilómetro 9 da estrada AC-305, á altura da parroquia de Asados. Segundo a información facilitada polos servizos de emerxencia, o home chegou a permanecer inconsciente despois do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.