Lousame destina máis de 116.000 euros do POS+21 para gastos sociais

30 Xaneiro 2021

A corporación local do Concello de Lousame da luz verde por unanimidade en sesión plenaria telemática ao plan de investimento provincial proposto polo equipo de goberno para financiar a través da aportación do Plan Único de Concellos (POS+21).
A Deputación provincial asignou ao Concello de Lousame un total de
379.414,95 euros para ás obras e servizos de competencia municipal, que
permitirán desenvolver as seguintes actuacións:
1.- Pavimentación acceso en Abelendo e camiño de Barreira-Guiende
(36.764,77 euros)

  1. Mellora do trazado do viario á Escabia (153.925, 52 euros)
  2. .- Pavimentación viarios en núcleo de Vilar (Tállara) (importe 33.881,45 euros). Todas as actuacións previstas a través dos fondos do POS+ 21 responden a necesidades e demandas da veciñanza. “O proxecto de investimento deseñado por este Executivo é froito dun minucioso traballo de observación co obxectivo de detectar as necesidades urbanísticas do noso municipio para mellorar a calidade de vida da cidadanía lousamiá”, explicou Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame.
    Asemade, a través da financiación provincial, o Concello de Lousame tamén
    recibirá 154.743,21 euros para gastos correntes. Por outra banda, no proxecto complementario elaborado ao abeiro deste POS + 21, o grupo de goberno municipal presentou as seguintes propostas:
  3. 1.- Camiño de Cruce de Peital a Fruíme (70.665,52 euros)
  4. 2.- Camiño Quintáns-Horta-Cairo (68.296,31 euros)
  5. 3.- Camiño Camporedondo- Fontefría (35.470,76 euros)
  6. 4.- Pavimentación camiño en Cerquides (38.023,46 euros)

Gasto Social
Ademais nesta ocasión tamén habería que sumar á aportación de 116.065,44 euros para sufragar gastos sociais extraordinarios. Ao longo do último exercicio multiplicouse a demanda dos servizos sociais municipais por mor da pandemia da Covid-19. Así, estes fondos empregaranse para incrementar as axudas as persoas maiores e persoas dependentes, así como para axudar ás familias en risco de exclusión coa escolarización e dotación de medios dixitais dos sus fillos e fillas. Esta cantidade tamén permitirá a adquisición de medios de prevencións contra a Covid-19, entre outros.
Ao longo do 2020 dende a concellaría de Servizos Sociais do Concello de
Lousame incrementaron en máis dun 30% a partida orzamentaria destinada a necesidades de carácter social da veciñanza, ao igual que a Xunta triplicou a súa aportación, especialmente para aumentar as horas do Servizo de Axuda no Fogar.

Mocións
Na sesión plenaria do 29 de xaneiro o grupo popular presentou unha moción para impulsar medidas para reducir o prezo da luz. A proposta que foi aprobada

cos votos en contra dos concelleiros do PSOE pasa por buscar unha rebaixa
dos gravamenes que afectan a esta facturación.
Neste pleno tamén saíu adiante unha moción conxunta dos tres grupos para
atender as demandas dos emigrantes retornados co obxectivo de dirixirse ao Goberno estatal en defensa das súas reclamacións.

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.