Galicia rexistra un total de 10.215 casos activos pola COVID-19. Cinco novas vítimas elevan a 1.485 os falecidos

14 Xaneiro 2021

Sanidade informa a última hora da tarde deste xoves da morte de 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 84 anos, no Chuf, muller de 88 anos, no Chus, un home de 86 anos, no Chuo, un home de 61 anos no Chuf. En centros residenciais faleceu un home de 79 anos, na Residencia da Pastoriza (Lugo). Todos eles tiñan patoloxías previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.215 deles 2.469 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.348 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.893 da área de Vigo, 1.983 da de Santiago, e 710 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 463 en unidades de hospitalización e 9.670 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.811 persoas curadas, rexistrándose 1.485 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.211.826. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 37.745.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.