En Rianxo pecha o Auditorio e cancélanse actos

26 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo vese obrigado, por mor da evolución da pandemia, a suspender desde hoxe, 26 de xaneiro, todas as actividades dos Centros Socioculturais en parroquia, do Auditorio, da Biblioteca e demais instalacións culturais.
Deste xeito, a presentación do libro Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos e o concerto-exposición Arredor de Nós de 2naFronteira, programados para o venres e sábado respectivamente, quedan suspendidas ata novo aviso.
Dende o Concello solicitan a colaboración da cidadanía para que a atención ao público nesas dependencias se limite a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para concertar a presenza, e realización preferentes dos trámites a través da sede electrónica municipal https://sede.concelloderianxo.gal/ ou vía telefónica no 981100688.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.