En Galicia 14 novas vítimas elevan a 1.622 os mortos da Covid. Sanidade podería estender mañá as restricións

Este domingo o SERGAS informa do falecemento de 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Non se rexistrou ningún na área sanitaria Santiago-Barbanza.

Os falecidos foron un home de 77 anos, no CHUAC; home de 83 anos, no CHUAC; unha muller de 86 anos, no CHUAC, un home de 79 anos, no CHUAC, un home 67 anos, no CHUAC.
Unha muller de 56 anos, falece na residencia Pai Menni de Betanzos.
Unha muller de 87 anos, falece na residencia DomusVi de Carballo.
Unha muller 86 anos, falece na residencia DomusVi de Vimianzo.

Un home de 67 anos, no CHUO. un home de 86 anos, no Hospital de Verín (procedente do Asilo Hogar Santa María).

Un home de 55 anos, no CHOP, un home de 81 anos, no CHOP, un home de 87 anos, no CHOP.

Un home de 68 anos, no CHUVI.

Todos eles presentaban patoloxías previas.

Galicia prepara novas restricións ante o avance de récord da terceira onda coa mirada posta na hostalería
A Consellería de Sanidade podería estender a toda Galicia as restricións que desde hai uns días imperan en Arteixo, Xinzo e Viveiro, todos eles municipios en nivel extremo tras alcanzar unha incidencia de máis de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes, unha taxa á que se achegan as sete grandes cidades galegas.

Con todo, o titular de Sanidade, que non quixo avanzar ningunha das medidas para tomar este luns durante unha entrevista na Radio Galega nas últimas horas, incidiu en que as medidas non se adoptarán tomando como referencia o ámbito urbano e o rural, senón que a transmisión comunitaria do virus que existe en Galicia e o seu impacto sobre os hospitais fai necesario unha concepción “transversal” á hora de tomar medidas que poñan freo á terceira onda dunha pandemia que se cobrou xa a vida de máis de 1.600 persoas en Galicia.