En Boiro eliminados 3 puntos de Vertidos de Augas residuais en Agañán, Barraña e Sandrezo

24 Xaneiro 2021

A Xunta vén de eliminar tres puntos de vertidos de augas residuais no concello de Boiro.

Os inspectores do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido desde Augas de Galicia, localizaron estes focos contaminantes nos lugares de Agañán, en Abanqueiro; en Barraña; e en Sandrezo, en Cespón.

As mostraxes de control realizadas nestes puntos de desaloxo de augas pluviais amosaron a presenza de contaminación de orixe fecal, polo que se requiriu ao Concello de Boiro a realización de actuacións para a emenda destes focos.

O Concello de Boiro procedeu á inspección das redes coa fin de poder determinar a orixe das emisións contaminantes e acometer a súa eliminación. 

No caso do vertido da zona de Agañán, a problemática derivaba da rotura nun pozo de saneamento interno, que estaba a orixinar que as emisións contaminantes acadasen a rede de pluviais que desauga na ría de Arousa.

Os aportes identificados en Barraña, nunha rede de pluviais que desauga na marxe dereita do rego de Breiro, así como o vertido localizado no lugar de Sandrezo e que desauga nunha cuneta do lugar, proviñan de conexións irregulares de inmobles próximos.

Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha recente inspección na que corroboraron a corrección das deficiencias identificadas nos puntos. Tamén se efectuaron novos controis analíticos que amosaron a ausencia de emisións contaminantes.

Barraña Boiro

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.