Empeza o ano con 441 positivos en Galicia

01 Xaneiro 2021

Galicia arrincou o ano 2021 cun novo incremento de positivos de covid-19 detectados nun día, 441, así como cunha subida de case un centenar nos casos activos, que alcanzan os 5.777.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do xoves, Galicia detectou a través de probas PCR 441 positivos en covid-19, tres máis que a xornada anterior. Así mesmo, os casos activos, como estes últimos días, seguiron aumentando, ata os 5.777, o que supón 97 máis que hai 24 horas. A cifra de hospitalizados diminuíu en seis pacientes, ata os 345, aínda que os enfermos en UCI mantéñense en 55.

A área sanitaria con máis pacientes covid ingresados é A Coruña, que rexistra 87 enfermos hospitalizados (-2), dos que 20 están en UCI (+1), seguida de Santiago-Barbanza, onde a cifra de persoas en centros hospitalarios alcanza as 83 (+7), dos que 8 necesitan coidados intensivos (+1).
Durante o derradeiro día do 2020 as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumula 1.346 (-23)
En Galicia desde o inicio da pandemia diagnosticouse coronavirus a un total de 63.510 persoas na comunidade. Delas, 56.338 curáronse, 428 nas últimas 24 horas. O número de víctimas mortais ascende a 1.400, sete delas comunicadas na última xornada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.