Eliminado un vertido de augas residuais na zona do Conchido no límite entre A Pobra e Boiro

30 Xaneiro 2021

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido á ría de Arousa, no concello da Pobra do Caramiñal.
O persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizou este punto tras recibir a notificación a través do Servizo de Emerxencias 112 dun vertido de augas residuais que estaba a afectar a un banco marisqueiro.
Os técnicos da Xunta procederon á inspección visual e á toma de mostras na zona, identificando a orixe do aporte de augas residuais no atranco no colector de saneamento que dá servizo ás vivendas da zona do Conchido, no límite co municipio de Boiro.
Desde Augas de Galicia requiríuselle ao Concello a adopción das medidas correctoras oportunas para o cese dos vertidos, procedendo este á limpeza e desentullo deste colector.
Os técnicos de Augas de Galicia constataron nunha recente inspección o cese dos vertidos e da afección ao dominio público marítimo-terrestre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.